Howdy Moon deixaron este único disco de típico folk-rock americano de primeiros setenta que non merece máis calificativo que agradable, a verdade e que cando o merquei esperaba máis del pola presenza de Lowell George na producción. A figura máis notoria do trío era Valerie Carter que logo na segunda metade dos setenta tivo certa sona. Os outros dous membros eran os guitarristas Jon Lind e Richard Hovey, repartíndose entre os tres as tarefas vocais e compositivas. A lista de invitados na gravación é realmente luxosa coa presencia de boa parte de Little Feat: Bill Payne, Sam Clayton, tamén Roy Estrada e outros ilustres como John B. Sebastian ou Van Dyke Parks.
Cara A
1. Lovelight (2:53)
2. Cheyenne Autumn (3:15)
3. I´m Alone (3:13)
4. Nora Lee (3:41)
5. Runaway (2:37)
Cara B
1. And You Never Knew (3:45)
2. Machine (2:26)
3. Cook With Honey (4:19)
4. For Tonight (4:02)
5. Millstream (3:54)
2 comentarios:
O tipo do medio parece o noso ex-presidente George Bush
Pois si ten un parecido razonable
Publicar un comentario