Detrás de Billy & Sue agáchanse dúas personaxes ben coñecidas na historia da música pop, por unha parte Oliver, aquel rapaz que saltara á fama con temas como "Good Morning Starshine" ou "Sunday Mornin'" e por outra parte Leslie Gore que tivera o seu momento na primeira metade dos sesenta en coa imperecedeira "It´s My Party". Para este single gravado para o selo de Bob Crewe escolleron outra peza clásica, o tema dos Fleetwoods "Come Softly To Me" que resolven con pulcritude. A cara B "Billy´n´Sue´s Love Scene" é un bonito instrumental con arpas, violíns e demáis parafernalia composto polo propio Crewe.
1 comentario:
Qué canción más bonita, no la conocía
Publicar un comentario