Un dos grandes singles galegos de tódolos tempos, aínda que as dúas cancións sexan do seu segundo LP "Tren de Azúcar". Sempre tiven especial predilección por "La Reina Del Mate " unha desas favoritas personais e agradecín moito que este pasado xaneiro Magín se decidira por fin a recuperala para o directo. E que dicir da cara B, case podería ser un himno galego alternativo, fantástica letra e musicalmente cun ambiente moi especial proporcionado polo violín de Pancho Álvarez membro de Na Lúa e o pandeiro de Xosé Manuel Fernández do grupo Muxicas. Se foran ingleses estaría en calquera recopilación de acid folk. Magín tes que recuperar ese tipo de efluvios.
Como bonus van tres temas, a versión primitiva de "La Reina Del Mate" con pequenas diferencias na letra, a gravación en directo xa comentada anteriormente de principios deste ano co acompañamento ao piano de Tarci e por último una das grandes cancións perdidas de La Rosa "Nunca Tuve Fortuna" tamén desa maqueta previa e que en breve teredes completa á vosa disposición en El Corazón De Los Pájaros, a páxina de Magín que leva o noso bo amigo José. El tivo máis paciencia cá eu para pasar a casete a dixital.
3 comentarios:
Eres un pozo sen fondo Luis.
¿Que faríamos sen tí?
Graciñas de novo por estas xoias escondidas
Agora ti es o encargado do que falta
Un dos mellores sinxelos da historia da civilización occidental. "La reina" segue a ser fascinante, e a cara B abre unha porta que ninguén traspasou no folk galego. Sempre por diante, Magín.
Publicar un comentario