Aínda que non deixa de seren un pouco raro, a finais dos oitenta víanse polas tendas de segunda man da Coruña discos do pequeno selo británico Medium Cool especializado sobre todo en iso que agora chaman jangly guitar-pop e que incluía na sús escudería a bandas como The Raw Herbs, The Rain, The Popguns, The Corn Dollies e sobre todo a The Waltones que eran sen dúbida os que máis me gustaban. The Waltones viñan de Manchester e eran Alex Fyans (batería), Mark Collins (guitarra), James Knox (voz e harmónica) e Manny Lee (baixo e coritos). Deixaron cinco singles entre 1987 e 1989 e un Lp "Deepest", que non tivo repercusión por mor dos problemas derivados tanto da quebra da distribuidora como dos de Medium Cool e aínda que o intentaron de novo non sucedeu nada, unha mágoa porque as súas cancións estaban moi ben, con bos ganchos, boas guitarras e boas melodías.
The Waltones
Ningún comentario:
Publicar un comentario