Stanley Frank será lembrado sobre todo por "S'cool Days", un tema de frustración xuvenil editado en plena explosión punk é que tivo certa repercusión no Reino Unido e en Europa. Aínda que era de Montreal estivo naqueles anos de finais de década por terras británicas ata que decidiu voltar á Canadá onde gravou este "Play It Till It Hurts" que aínda que non é unha maravilla para tirar foguetes, ten algún que outro momento recuperable como "Rock Crazy" con certo toque a Johnny Thunders, "Sister Delight", o achegamento máis pop do disco, a versión de "Good Lovin´" dos Young Rascals moi resultona e "Hot on You" que tampouco está nada mal . O resto do disco ten bastante máis influencias do rock tópico de época que do power-pop máis académico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario