Terceiro disco consecutivo de versións dun dos nosos músicos favoritos, Caballero Reynaldo. Primeiro foron as cancións de Malcolm Scarpa, logo unha selección de clásicos do rock e para esta ocasión o elexido, e non podía ser doutro xeito, é Frank Zappa pero dándolle as cancións un toque country´& western. O tema escollido aparecía orixinalmente en "Sheik Yerbouti" e a min particularmente traeme lembrazas da discoteca á que ía a finais dos setenta, era normal que o pinchadiscos a usara para a transición das lentas ás mais movidas e roqueiras. Gran adaptación, estaredes asubiándoa tódala semana, moi pegadiza.
Podedes e incluso deberiades mercar o seu disco en Hall of Fame Records.
Podedes e incluso deberiades mercar o seu disco en Hall of Fame Records.
1 comentario:
muy pegadiza
Publicar un comentario