Soubemos xa hai anos desta banda de Birmingham a partir de varios dos seus sinxelos editados no 68 que foron aparecendo para nós en gorentosas recompilacións de psicodelia británica como os Rubbles (Starcaise to Nowhere) ou o British Psichedelic Trip. Canda simpáticos temas como The Muffin Man -o seu grande éxito, sobre todo en Bélxica e Holanda- ou Peter´s Birthday, había pezas mestras como a enigmática Like a Tear. Xa en marzo do 69 editan o seu Lp homónimo no selo Deram, subselo progre de Decca. O álbum foi producido polo ilustre Wayne Bickerton con arranxos de Mike Vickers (Hollies, Cat Stevens, etc.) e está moi influído pola épica psicodélica dos Bee Gees, sobre todo na ambigua voz de Christopher Robin, e pola estética musical do momento xa nun pleno devalo que non beneficiou o éxito comercial do traballo. Canda os sinxelos mencionados, o disco inclúe cortes como King Croesus, Jack, Bring the Ring, The Hum Gum Tree, We´ve All Seen the Queen ou a sensacional With A Little Help que fan da súa escoita unha ledicia. O pasado ano Repertoire reeditou o disco, o grande fanzine Marmalade Skies publica unha entrevista actual co seu organista David Kubinec, ademais de poder consultar unha excelente entrada no All Music, onde se contan curiosidades tales como que o seu segundo organista Geoff Nicholls acabou tocando nada menos que con Black Sabbath!!!
mércores, 12 de novembro de 2008
THE WORLD OF OZ (Deram-Fan Club, 1969)

Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario