domingo, 28 de decembro de 2008

SUGARLOAF Señora De Ojos Verdes (Single, Liberty-Hispavox, 1970)

Sugarloaf formáronse en Denver das cinzas dos Moonrakers que incluían ao teclista e vocalista Jerry Corbetta, ademáis do guitarrisa Bob Webber, o baterista Bob MacVittie, Veeder Van Dorn na outra guitarra e o baixista Bob Raymond. Despois dun intrascendente disco que publicaron en 1968 decidiron mudar de nome convertíndose en Chocolate Hair, tempo que no que perderon a Van Dorn. A banda foi fichada por Liberty que deicidiu cambiar de novo seu nome pasando a ser Sugarloaf, como unha popular zona de ski en Colorado (Liberty pensaba que Chocolate Hair podería ser causa dalgunha polémica racial). Sugarloaf editaron o seu primeiro Lp en 1970, e o single "Green-Eyed Lady" chegou a ser un éxito internacional ben merecido. A sú cara B "West of Tomorrow" é outra das pezas destacadas do LP que só contén seis temas que se moven por terreos de blues un pouco coñazo aínda que a versión vía Yardbirds de "The Train Kept-A-Rollin'" non está mal. Despois deste achegamento a fama tiveron que pasar cinco anos para que Sugarloaf volvera a repetir e por fin no 75 "Don't Call Us, We'll Call You" do seu cuarto e último LP "Don't Call Us", chegou de novo ás listas. Despois da separación Corbetta grabou en solitario e colaborou con Frankie Valli & the Four Seasons como músico e letrista.

Ningún comentario: