"Satisfacción"
Los Murciélagos foron unha escura banda de Rock de garaxe, que naceu en Ourense, á beira do Río Miño, a mediados da década dos anos sesenta. Os seus membros procedían tanto da cidade das Burgas, como de Ribadavia, en pleno Ribeiro. Temos moi poucos datos sobre deles, ata mesmo descoñecémo-los nomes dos compoñentes deste cuarteto, polo que necesariamente, cáseque tódalas referencias que imos facer deles, serán sobre da súa música, pasando por riba da traxectoria vital do grupo. Un dos guitarristas é da familia dos Outeiriño (donos de La Región), hoxe afamado oculista en Madrid
Los Murciélagos teñen a honra de seren un dos grupos pioneiros do Rock ourensán, ao estaren activos xa dende mediados dos sesenta, anque nembargantes, eles non foron o primeiro conxunto en xurdir, nesta capital do interior de Galicia.
A mediados dos anos sesenta Ourense era unha cidade na que o Rock prendeu entre a xuventude musical máis inqueda, e por elo non é de estraña-lo xurdimento dalgunhas novas bandas, entre as cais destacaban poderosamente Los Ben Posta, que apadriñaba o Padre Silva, o carismático relixioso fundador da “Ciudad de los Muchachos”.
A pesares das inquedanzas musicais dos xóvenes ourensáns, a situación non era favorable para a formación de conxuntos modernos. Faltaban apoios, infraestructura (locais de ensaio e de venda de instrumentos, equipos de son, salas que programaran concertos…), e por riba de todo, non estaba ben visto, entre as familias respectables, que os seus fillos se adicaran a facer ruídos eléctricos, para o escándalo das xentes de ben.
E pese a todo elo, e deixando a parte o adocenado “Festival do Miño”, un couto cáseque reservado para os solistas, o ambiente musical na cidade foi medrando gracias ao abeiro de varias das parroquias, que lles emprestaban os seus locais aos novos conxuntos, para que estes, á súa vez, os poideran converter nos seus eventuais locais de ensaio. Tamén a emisora radiofónica “La Voz del Miño” (inaugurada en Xuño de 1966), prestou o seu apoio á música moderna, tanto ao darlle cabida na súa programación diaria, coma por organizar e radiar -sorprendentemente en directo-, ao través das ondas, concertos de grupos locais, retransmitidos dende o salón de actos do edificio da Organización Sindical Española, no Parque de San Lázaro, en sesións dominicais matutinas.
Daquela, os grupos ourensáns, por norma xeral, tocaban onde lles deixaban. E eran unha chea deles, para repartirse os poucos locais abertos á nova música: Los Wagners, Los Volcanes, Los Evers, Los Meteoros, Grupo Clave, Los Dráculas (futuros Los Posters), Los Nodos, Los Gringos, Los Mayquel’s, Los Yankis, Los Vientos, Los Dedos, Los Meigas, Los Amos, Las Fugitivas (conxunto de mozas), Los Iris (de O Barco de Valdeorras), Los Poker (de O Carballiño)… A meirande parte deles foron conxuntos efímeros, que adoitaban padecer abondantes trocos de formación, e ata incluso con frecontes intercambios de membros, entre eles. Este feito, os intercambios de músicos entre grupos, se converterá nun costume, na escena musical ourensá, así coma tamén, a deriva dos músicos cara as orquestras de baile, que contaban cunha maior carga de traballo, e ofertaban certa estabilidade profesional para os músicos, nelas integrados…
E este foi o caldo de cultivo de onde xurdiron Los Murciélagos, a lendaria banda garaxeira de Ourense. Deixaron, coma o seu único legado discográfico este Ep para o selo madrileño Marfer, actualmente inatopable, e cando aparece, de forma excepcional, acada prezos astronómicos. As 4 cancións que conforman este rarísimo artefacto sónico son as seguintes:

1.- “¡Sigue, sigue!” (Del Shannon).
Versión moi dinámica e beat do “Keep searchin´” do cantautor rockeiro norteamericano Del Shannon,. O tema tamén foi gravado, en español, Los 4 De la Torre e Los Extraños, ámbolos dous grupos de Barcelona.2.- “Vosotros” (Letra de Vito Pallavicini / Música de Gorni Kramer).
Versión que navega entre o beat e mailo Pop-Rock ye-yé, e que Los Murciélagos cantan en italiano. O tema era un orixinal transalpino, “Nessuno di voi” que Milva e Richard Anthony defenderon no Festival de San Remo, na súa XVI edición, celebrada en Xaneiro do 1966. Este tema tamén o faría seu María de los Ángeles Rodríguez, o sexa, a granadina Gelu (1966). Asemade hai outra versión en castelán, que foi gravada polo Cuarteto Maranatha (1966).3.- “Satisfacción” (Mick Jagger / Keith Richards).
Versión garaxeira do “Satisfaction” de The Rolling Stones. En España, coma en tantos outros países, foi moi versioneada: Los Salvajes (1965), Lone Star (1965), Los 5 Del Este (1965), Los Barlak’s (1966), The Bonds (1965, en catalán), Franklin (1971, en inglés), etc… A versión de Los Murciélagos segue cáseque ao pe da letra, á adaptación dos barceloneses Lone Star, pero musicalmente, se trata dunha lectura aínda máis garaxeira que a dos tamén barceloneses Los Salvajes, aínda que lles falte o toque do «sonido mosca» destes últimos. Polo tanto, nesta ocasión, Los Murciélagos foron máis papistas que os papas!4.- “Morriña” (Eduardo Diehl de Souza / Fely).
Versión instrumental dunha canción, con ritmo de bolero, que foi lanzada polo conxunto-orquestra Los Españoles, no ano 1960. A adaptación de Los Murciélagos consegue desmarcarse bastante do tema orixinal, para achegarse ao estilo das poderosas texturas instrumentais de Los Ben Posta, paisanos e colegas seus. Ten algúns acordes, sobre de todo audibles nos punteos da guitarra solista, que a nós persoalmente nos lembran, ben é certo que de lonxe, á romántica balada de “Johnny Guitar” (que soa na banda sonora orixinal da obra mestra do mesmo título, dirixida por Nicholas Ray, no ano 1953), e o son da súa fermosa guitarra española.