mércores, 8 de febreiro de 2012

ALL & NOTHING - Tarantos / Seven O'Clock (Fidias, 1971)

"Seven O'Clock"

All & Nothing en realidade non eran un grupo real, senón unha creación de estudo a cargo do lendario xornalista musical e figura clave na historia do pop español José Luis Álvarez. A finais dos 60 e principios dos 70, co fenómeno do undergraund en todo o seu esplendor, Álvarez inaugura en Madrid un estudo de gravación por onde pasan músicos de famosos grupos como Canarios, Nuevos Tiempos, Núcleos, Alcatraz e moitos máis. Tamén funda o curioso selo Pussy, onde se edita o sinxelo "Snobismo / Underground Vibrations n° 2 " acreditado ao inexistente grupo AII & Nothing  e para o que  utiliza diferentes jam sessions e gravacións informais dos devanditos músicos que pasaban polo seu estudo. O experimento tivo un éxito inesperado e ao pouco tempo edítase un segundo sinxelo de AII & Nothing, esta vez con banda "de verdade" e nunha onda máis flamenco-rock.  "Psicodelia, hippies y underground en España" de Pepe García Lloret


Ningún comentario: