martes, 8 de outubro de 2013

THE STUDIO GROUP - Los Éxitos Del Espacio (Nevada, 1978)


Xa estou de volta e o disco escollido é este subproduto de 66 céntimos cunha bonita portada e un contido moito mellor do agardado. As tres versións de Bowie están ben, a de Deodato mola e a de Klaatu sorprende. Hai incluso un par de temas que non están nada mal asinados polos enigmáticos North e Dailly, probablemente membros do grupo de sesioneiros encargados de dar forma a este tipo de expolios baratos dos éxitos do momento. Este mesmo disco apareceu publicado en Italia con bonita portada tamén como "Space Concept" por The Atoms e en Francia  como "Spatial Disco 2005" por 2005 Stars Group.


2 comentarios:

Anónimo dixo...

No sé quiénes componían The Studio Group, pero tengo algún disco más de ellos (siempre en sellos de Discos Dial) y eran buenos profesionales haciendo subproductos. Talento malgastado.

Timmy dixo...

Muy Bueno! Much grass !!!!!!!!