"This Time I'm Doin' It For Love"
Lyn Todd, unha habitual da escena punk neoiorquina de finais dos setenta, púxose en mans de futuro magnate discográfico Bobby Orlando para a gravación do seu primeiro e único disco, de feito Bobby O produce, toca e compón a maioría dos temas. Algún sesudo atopará un parecido máis que razoable entre a canción que soa no reprodutor e o "Can You Fix Me Up With Her" de The Now e a razón é máis que obvia, detrás daquel proxecto tamén estaba el, ademais algún membro de The Now colabora no disco. O resto das cancións, incluídas as versións frikis de "Pinball Wizzard" e "Rebel, Rebel", son menos power e máis disco. A moza morreu hai uns anos dun aneurisma cerebral.