luns, 10 de marzo de 2014

THE CRYERS - The Cryers (Mercury, 1978)

"Shake It Up (Ain't It Time)"


The Cryers comenzaron en Meridian, Mississippi arredor da figura do guitarrista Lowry Hamner peron acabaron trasladándose a New York que era onde se facía o churrasco máis rico naquel final de década. Despois de recorrer a típica ruta de clubes guais do momento como o CBGB's ou o Max's Kansas City son fichados por Mercury a instancias de Steve Katz (Blood, Sweat and Tears, The Blues Project...) que veu potencial nas cancións de Hamner, un verdadeiro talento na liña de baladistas afectados e sufridores estilo Colin Blunstone, Dwight Twilley ou Eric Carmen, de feito o nome do grupo está en consonancia co seu son. Neste primeiro disco a banda combina acertadamente a parte máis powerpopeira do seu repertorio "Shake It Up (Ain't It Time?)", "(It's Gonna Be A) Heartbreaker" ou "I´m Fire" coa tenrura das pezas máis lentas e os medios tempos especialmente notables en "Diamond Ladies", "Oh, I Get High" ou "I'll Steal Away", onde Lowry Hammer saca gran partido á súa bonita voz. Un segundo disco "Midnight Run" foi publicado ao ano seguinte pero xa como Lowry Hamner & The Cryers. 


2 comentarios:

Superbillie1 dixo...

Thank you very much for this Pop gem and your effort.
Frank

bernardo de andres dixo...

fabuloso lp mejor que el segundo que tampoco esta nada mal