Do pianista e organista barcelonés Manolo Gas xa falamos hai un par e anos pero hoxe recuperamos outra das súas aventuras a mediados dos setenta con The Tinto Bang Band. "Spain" é unha adaptación dunha peza clásica do compositor francés Emmanuel Chabrier" con tódolos tópicos da época pero a súa cara B, "Indian Moon", composta por el mesmo baixo o seudónimo Sag Olonam (os seu nome ó revés), é un estupendo tema funk.
Ningún comentario:
Publicar un comentario