venres, 13 de febreiro de 2009

LOS EXPLOTARON He Traicionado a Mi Amo (Casete, 1994)

Los Explotaron foron un grupo de Zamora que só deixaron producción en formato casete. Unha das cancións da súa segunda maqueta foi moi popular en Limodre na segunda metade dos noventa e non era raro que en calquera churrascada sonara nun vello casete "Anuka", unha gran canción. A principios do 98 estivemos detrás deles coa intención de que tocaran no primeiro Felipop, aquel que se celebrou no Local Social pero algún dos compoñentes creo lembrar que se ía para Londres e non puido ser. Aparte de "Anuka", o resto dos temas que conforman "He traicionado a mi amo" están realmente ben, incluída a estupeda versión en castelán de "Your number or your name" (No Sé Que Hago Aquí) de The Knack, amosando ás claras que se podía facer power-pop en castelán realmente digno. Isto é o que aparece no seu myspace

Tras unos inicios un tanto divagantes, Los Explotaron se definen en la década de los 90 como un grupo netamente pop, apostando por los sonidos de guitarras, las buenas melodías y la espontaneidad sin complejos. Desde una ciudad gris, paraíso de la tercera edad, Los Explotaron revientan el desolador panorama juvenil existente, proyectando un impresionante arco iris de colores sobre aquellos negros nubarrones. En un momento en el que el formato mp3 era ciencia ficción, los explotaron se compran un cuatro pistas analógico, se encierran en su local de ensayo y graban DULCE (abril 1994) Era demasiado complicado grabar con su batería acústica, con lo cual, introducen una caja de ritmos que tristemente destroza las canciones. Sus directos son realmente divertidos, y eso es lo importante. Los Explotaron no se conforman y deciden grabar otra maqueta, pero en este caso introduciendo con calzador en el “cuatro pistas” su flamante batería acústica. HE TRAICIONADO A MI AMO (agosto 1994) es el impresionante resultado de una grabación 100% artesanal. Merce abandona la batería y posteriormente también hay cambio de bajista. Nueva maqueta, también con el mítico “cuatro pistas analógico” y con la colaboración de Ángel ex - bajista del grupo. El resultado es FIBERGLASSS (noviembre 1996). El cansancio llega a Los Explotaron, y en un intento de renovación se someten a una forzada mutación, obteniendo como resultado DanCoupé y su resplandeciente demo (1998) antes de su definitiva desaparición.

martes, 10 de febreiro de 2009

PUZZLE The Second Album (LP, Motown, 1974)

Puzzle deixaron dous discos para a Motown na primeira metade dos setentas cun son que lembraba a Blood, Sweat and Tears ou a Chicago. Eran un sexteto á fronte do cal estaba o compositor principal, vocalista e batería John LiVigni, acompañado por Bobby Villalobos á guitarra, Anthony Siciliano ao baixo, Joseph Spinazola ás teclas, Bobby Williams á trompeta e Ralf Richert na outra guitarra e tamén na trompeta. Pouco despois de mercar o disco tentei atopar información e aparte da páxina de John LiVigni só atopei un enderezo electrónico que supuxen era de Anthony Siciliano así que decidín escribirlle para decirlle que me gustara "The Second Album". Despois de case catro meses recibín un correo no que Siciliano se congratulaba de que alguén lembrara con bo agrado aquel traballo. O primeiro tema do disco "You Took Me Wrong" cunha entrada a base de guitarra e ventos xa dá pistas do que se espera e a verdade toda a cara A transcurre dentro dese brass-pop de medias baladas como "Mary, Mary", pezas máis roqueiras como "Everybody Wants To Be Somebody" e incluso momentos máis explorativos como en "Haiku". A cara B ábrese con "My Love", no máis puro estilo dos medios tempos de Chicago. "Now That You Love Me" que tamén está ben dá paso ao tema longo do disco, hai que amosar que un é capaz de todo, megalomanía forever. A canción titúlase "Concept of Her" e está dividida en tres partes. Seguro que Nico Estrume apreciaría o Preludio para o seu artigo sobre pianistas tras.

luns, 9 de febreiro de 2009

OBJETIVO BI-KI-NI

O sábado pasado deixei gravando os documentales que emitiron sobre Darwin na 2 e grazas a ese tempo extra que hai que engadir tamén quedou rexistrado parte do que viña despois, nada máis e nada menos que "Objetivo: Bi-ki-ni" unha de Mariano Ozores do 68 con López Vázquez e Gracita Morales. Os títulos de crédito toman como inspiración os das películas de espías pero co encanto cutre-tras hispano. A música que os acompañaba é de José Torregrosa e non está nada mal así que decidín convertila a mp3 como toque friki deste fin de semana. Máis info sobre a película aquí

domingo, 8 de febreiro de 2009

THE LAUGHING DOGS Live At CBGB´s (Atlantic, 1976)

Aquí están por xentileza de Miguel Ángel as cancións que faltaban para completar a colección dos neoiorquinos The Laughing Dogs. Os dous temas están extraídos do doble LP "Live at CBGB's" publicado en 1976 e no que tamén aparecían entre outros Mink DeVille, os Tuff Darts de Robert Gordon, The Shirts,..."I need a million" sería incluída no seu primeiro Lp como xa dimos conta, nembargantes "It Feels Alright Tonight", o outro tema, non o faría.

THE ZOMBIE VALENTINES Demo

The Zombie Valentines son o novo proxecto no que están embarcados os ex-Stupid Baboons David Lorenzo e Hernán Jaén xunto a Gabriel Cuesta e Alberto Hernández. Levan funcionado uns tres anos e ata agora o único tema editado oficialmente foi "Segunda Piel", unha magnífica canción na máis pura tradición de garaxe-beat hispano que apareceu nun recopilatorio de Lucinda Records o ano pasado. "El circo de tu amor" e a peza máis garaxeira das catro que nos enviou David que precisamente firma outro dos bos momentos "Our Reward" no máis puro estilo lorenzista. A maqueta péchase con "Tormento", un instrumental con referencias aos Relámpagos ou Pekenikes mesturada con son surf e toque spaguetti western.

sábado, 7 de febreiro de 2009

BEN VAUGHN Blows Your Mind (LP, DRO, 1988)

Parece que a ligazón deste disco xa non funcionaba así que aquí está a reposición que Ben ben o merece. Ao final pódese ver que non é tan díficil escribir unha nota para pedir algo como fixo o noso anónimo interlocutor.

Despois do bo sabor de boca que nos deixou a actuación de Ben Vaughn no pasado Xiriapop está ben recuperar o que quizais sexa o seu mellor disco, ou non, pero é un gran disco este "Blows your mind", editado no 89. Trátase do terceiro do noso heroe e o primeiro sen o Ben Vaugn Combo que o acompañara anteriormente. O traballo precede ao máis exitoso "Dressed in black" (90) nun momento no que Vaughn semellaba que ía casi para un exitoso Jonathan Richman dos 90. En parte non o foi porque non quixo, discos como este son un tratado de calidez, diversión e proximidade. Escoitar pezas tan arrebatadoras como Daddy's Gone for Good , She's Your Problem Now, Carved in Stone e divertidas como Darlene, Tantalize ou Hey Man Hey, por non citalas todas, reconfórtano a un coa cerna do pop clásico de toda a vida. A inencontrable edición en cedé sei que trae tres temas extras, pero esta que poñemos hoxe é a de vinilo.

by mail...

xoves, 5 de febreiro de 2009

LOS TAÑIDORES Cerrado Por Balance (Single, Tempo, 1966)

Los Tañidores foron un cuarterto bilbaíno, aínda que na foto aparezan cinco, que deixou gravado un único disco. O membro máis destacado foi Iñaki Egaña que formou posteriormente parte de Los Buenos, Alacrán, Barrabás, editou un LP en solitario nos setenta e acabaría tocando con Imán. A súa presencia aquí ven motivada pola cara B "La Kasbah", un dos primeiros exemplos da influencia orientalista nos grupos españoles da época. Atopei está páxina cunha moi interesante entrevista con Iñaki Egaña falando desta etapa.

martes, 3 de febreiro de 2009

THE LAUGHING DOGS Meet Their Makers (LP, CBS, 1980)

Hace unos veite años que encontré "Meet Their Makers" en el Feirón de Pontedeume cuando aún se podían ver discos y aunque no conocía de nada al grupo, la portada me pareció razón suficiente para llevármelo. Las señoras que aparecen son las madres reales de los miembros del grupo. El disco tiene una producción mucho menos cruda que el primero pero aún así también me gusta. Hay un par de versiones "Don´t Bring me down" de Goffin-King vía Eric Burdon y "Reach Out For Me" de Bacharach-David con las que cumplen a la perfección. De los originales me gustan especialmente "Don´t Push It", "Now What I Used To Be" con la que parecen recuperar el espíritu del primer disco, "Take My Chances" con cierto toque Steely Dan, "Melody Love" y la baladita guay "Two Who Are Williing" que cierra el disco.

luns, 2 de febreiro de 2009

THE LAUGHING DOGS The Laughing Dogs (LP, CBS, 1979)

Aún siendo de la segunda división powerpopera de finales de los setenta, los Laughing Dogs dejaron en sus dos discos algunas canciones que me gustan mucho así que bien merecen su recuperación. Formados como cuarteto en Brooklyn a mediados de los setenta, no eran nuevos en la escena ya que todos sus miembros habían estado tocando en grupos como Mud In Your Eye, The Spencers, Ruben Fox o Foxtrot, e incluso habían sido la banda de apoyo Mickey Dolenz y Davy Jones de los Monkees en la reunión del 77. Su sonido combinaba rock, power pop, punk e incluso por momentos AOR, con énfasis en las melodías contagiosas, las armonías, el sentido del humor y la clara comercialidad de sus canciones. Su primera aparición discográfica fue en el recopilatorio "Live at CBGB's" al que contribuyen con dos temas y que entre otras cosas sirvió para ponerlos en el mapa y que unos años después llamaran la atención de Columbia. Su primer LP "The Laughing Dogs" fue producido por Bruce Botnick que también se encargó aquel mismo año del debut de The Beat y que en los sesenta ya había trabajado con los Love o los Doors. Menos el batería Moe Potts, el resto, Ronny Carle al bajo, James Leonard a la guitarra y Carter Cathcart a la otra guitarra y teclas componen y cantan. El disco se abre con "Get I´m Outa Town" uno de sus temas más populares y que está muy bien, "Low Life" tiene toques a Todd Rundgren mientras que "No lies" es un medio tiempo muy resultón y con bonitas voces. Tras "Johnny Contender", un rocanrolito que no me dice mucho viene "Reason for Love", mi favorita de los dos discos, super pop. La cara A se cierra con "I Need A Million" de la que parece ser Nick Cave hizo una versión. De la cara B están muy bien "I´m awake" y el ataque de furia del tema que cierra el disco "Get Outa My Way". Mañana más con su segundo LP "Meet Their Makers".
The Laughing Dogs

LOS MIEMBROS Si Vuelves Escapar (MX, Blau, 1992)

Non tiña información deste cuarteto balear pero Miguel Anxo Vilanova fíxonos chegar a folla de promo coa que Blau acompañou a edición do disco e aínda que non dá para moito xa podemos fíar un poco máis. Los Miembros viñan doutras formacións mallorquinas como Furnish Time (dentro de puco poñeremos algo deles), Zincpirithione, El Primer Tercio e Los Patanes. As catro cancións están compostas polo seu guitarrista e vocalista Toni Vives dentro dun estilo poproqueiro no que destaca o bon uso das guitarras. Góstanme especialmente "Cada Vez" cunha Rickenbacker moi molona e "El Extranjero" con bonitos xogos sicodélicos.