mércores, 6 de xaneiro de 2010

DEXY´S MIDNIGHT RUNNERS There, There My Dear - The Horse (EMI, 1980)


Un dos nosos grupos favoritos cunha espitosa adaptación do clásico "The Horse" de Cliff Nobles & Co. ."There, There My Dear " pechaba o primeiro elepé da banda, "Searching for the Young Soul Rebels".

RED BARON Just Seventeen - Pictures of Irene (CBS, 1976)



Red Baron foron un grupo ao servizo das cancións do músico e produtor alemán Candy de Rouge que en realidade se chamaba Wolfgang Detmann. "Just Seventeen" é unha conachada pero "Pictures of Irene" ten algunhas cousas malia o seu estribillo bastante simplón.

JERRY Because I´m Young - Can´t Wait For Summer (Ariola, 1974)



Que lle ía dicir ao bo de Jerry , do que por certo non sei absolutamente nada, que alguén despois de tantos anos repararía no seu sinxelo e na súa cara b  "Can´t Wait For Summer", unha peza que en mans dun grupo de punk-pop sería un hit.

MAJOR LANCE You´re Everything I Need - You´re Everything I Need (Instrumental) (PYE-Belter, 1976)




luns, 4 de xaneiro de 2010

GIORGIO Hilly Billy Man (Arizona Man) - Sally Don´t You Cry (Belter, 1970)




Nos primeiros anos da súa carreira o italiano Georgio Moroder fixo unha morea de temas bubblegum realmente resultóns. "Hilly Billy Man (Arizona Man)" é un deses enchepistas ao que nos tiña acostumados naqueles anos. Pola contra, "Sally Don´t You Cry" é unha canción moi xeitosa cun pequeno toque sico pop.




sábado, 2 de xaneiro de 2010

THE CHEATS Valentine - Fondo Musical (Hispano Olivetti, 1969)




Un sinxelo que formaba parte da campaña de promoción do modelo Valentine de Olivetti.

Valentine. Una máquina revolucionaria

Valentine es bonita, práctica, portátil, económica y adaptable a cualquier trabajo.
Escribe con rapidez, con limpieza, sin problemas.
El traje de Valentine es de plástico.
Su maletín es irrompible.
Valentine está en todos los buenos comercios.
Valentine es de Olivetti.




Uno de los objetos que más me gustan, es la máquina de escribir "Olivetti Valentine", diseñada por Ettore Sottsass en 1969.

La Valentine vendría a ser a la máquina de escribir, lo que lo que los portátiles a los PC, es decir la primera máquina de escribir concebida para ser portátil. ¿Cómo? Gracias a su diseño plano y poco pesado, pensado para alojarse en una caja de plástico.

Otra revolución fueron sus teclas flotantes, protegidas en su parte delantera por una barra que copiaba la forma del parachoques del Volvo de la época.

Y otra más, su intenso color rojo. Hasta entonces las máquinas de escribir usaban colores grises y neutros para prevenir la fatiga visual del escritor. El color rojo es un toque descarado que nos anuncia que el diseño comienza a ganar terreno a la funcionalidad.

Hoy en día este objeto tan cotidiano de la década de los 70 se expone en el MOMA de Nueva York como uno de los iconos del diseño italiano. Aun hoy pueden conseguirse modelos de Valentine en tiendas de coleccionistas.

Extraído de Miss Marble

venres, 1 de xaneiro de 2010

MAXIM RAD She Got No Brain - It´s Now, It´s New (Dreyfus-EPIC, 1980)





Maxim Rad, alemán de Hamburgo, gravou o seu primeiro elepé "Times Ain’t That Bad" en París. As dúas cancións están extraídas del e sonan aos Talking Heads con Richard Hell de cantante.

Canción # 147: TOTEM Mañana (1971)





Canción # 4316: ASFALTO Nada (1979)


Del tercer elepé de Asfalto para Chapa la única canción que tiene algo es este tema de Julio Castejón con el que parecen recuperar el estilo de sus primeros años.

SHA NA NA Now! (Kama Sutra, 1974)

 

Sha Na Na eran básicamente uns revivalistas de sons de finais dos cincuenta e primeiros sesenta que se diron a coñecer grazas á súa partipación no festival de Woodstock . Parecían un pouco desubicados entre tanto hippie pero eran realmente coñeros e constituíron unha das notas simpáticas do festival. Anos máis tarde tamén aparecerían tamén en Grease. Neste elepé de mediados dos setenta non todas están ben pero ten os seus momentos, da primeira cara gústanme a peza que abre o disco "Shot Down", a versión fiki de "Runaway" e sobre todo un instrumental de herdanza funk titulado "Sha-Bumpin'". Da cara b salvo "Basement Party",  a adpatación de "(Just Like) Romeo And Juliet" dos Reflections e un par de temiñas de influencia soul "Shanghied" e "Circles Of Love" na que parece que xogan a seren os Temptations progres. A última canción da cara a está fodida pero non se pode pedir máis por un euro.