venres, 1 de xaneiro de 2010

SHA NA NA Now! (Kama Sutra, 1974)

 

Sha Na Na eran básicamente uns revivalistas de sons de finais dos cincuenta e primeiros sesenta que se diron a coñecer grazas á súa partipación no festival de Woodstock . Parecían un pouco desubicados entre tanto hippie pero eran realmente coñeros e constituíron unha das notas simpáticas do festival. Anos máis tarde tamén aparecerían tamén en Grease. Neste elepé de mediados dos setenta non todas están ben pero ten os seus momentos, da primeira cara gústanme a peza que abre o disco "Shot Down", a versión fiki de "Runaway" e sobre todo un instrumental de herdanza funk titulado "Sha-Bumpin'". Da cara b salvo "Basement Party",  a adpatación de "(Just Like) Romeo And Juliet" dos Reflections e un par de temiñas de influencia soul "Shanghied" e "Circles Of Love" na que parece que xogan a seren os Temptations progres. A última canción da cara a está fodida pero non se pode pedir máis por un euro.

 

Ningún comentario: