mércores, 18 de febreiro de 2009

CONTRASTES Contrastes + Bonus (CD, 2000)

Soubemos dos Contrastes nos primeiros meses do ano 1999 cando Joe, que por entón estaba en Santiago, falounos dun grupo que se saía da norma, se temos en conta o que se facía por entón Galicia, no que cousas como o bravú ou as sinfonías con sacho eran o máis. Teñen na súa honra, aparte das magníficas cancións, seren o primeiro grupo en ter actuado no Felipop, cousa que farían ata en tres ocasións, unha delas como teloneiros de PF Sloan que quedou encantado coa actuación dos santiagueses. Falando con Alfonso comentaba que había xente que non coñecía ou simplemente non tiña este disco, así que aproveitamos a ocasión para presentalo aquí acompañado dalgúns comentarios sobre as cancións e reflexións varias a cargo de Gonzalo Sende e o propio Alfonso Espiño. Como bonus engadimos dúas cancións en directo: "I Don´t Mind", unha das súas pezas máis notables xunto coa versión do "Drive my Car" dos Beatles gravadas en maio de 1997 no Auditorio da Universidade de Santiago. Os outros tres temas extras son "Calling The Sun", "Quiero Sentirte Cerca" e "No Te Pares" da primeira maqueta gravada no Taller de Música Soutullo de Ponteareas o 5 de outubro de 1995 . Aquí tedes a conversa con Alfonso Espiño e Gonzalo Sende

Ningún comentario: