martes, 5 de maio de 2009

BLUES IMAGE Ride Captain Ride (Single, Hispavox, 1970)

The Blues Image viñan de Tampa (Florida) e son lembrados sobre todo por este "Ride Captain Ride" o tema estrela do seu segundo elepé "Open". A canción chegou a vender un millón de copias ese ano pero non lograrían repetir o éxito. A cara B é unha adapatación de "La Bamba" algo normal dadas as influencias latinas no son do grupo. Como figuras destacadas estaban Mike Pinera, logo en Iron Butterfly, e o percusionista Joe Lalas, afamado sesioneiro e futuro membro dos Manassas de Stephen Stills e Chris Hillman.

Link by mail dezaoitorodas@gmail.com


Ningún comentario: