Parece ser que cando a Tony Hicks dos Hollies lle ofreceron a posibilidade de gravar este tema despois da negativa de Joe Cocker, a versión que escoitou era a de Kelly Gordon, un productor que xa tiña traballado con Glen Campbell ou Aretha Franklin, e que a interpretaba de xeito máis lento e con vocación soul, de aí que se entenda que a editora pensara en J. Cocker como primeira opción. A canción foi tamén incluída en "Defunked" o elepé que editou Kelly en 1969. Para afondar sobre "He Ain't Heavy, He's My Brother".
Ningún comentario:
Publicar un comentario