Este é o último elepé gravado polos Módulos e tamén o único feito sen o respaldo da todopoderosa Hispavox que decidiu non renovarlles o contrato por mor das escasas ventas dos seus últimos sinxelos. Esa decisión provocou a fuxida do baterista Juan Cánovas e do baixista de sempre Emilio Bueno reemplazados por Chupi de la Fuente e José Luis Campuzano "Sherpa" que xunto cos imperecedeios Pepe Robles e Tomás Bohórquez deron forma a este "Módulos" que despois de diversos intentos con outras discográficas foi editado finalmente polo pequeno selo Olimpo. Aínda que para min o grupo sempre pecou un pouco de megalomanía hai que recoñecerlles tamén que moitas veces me resultan convincentes nas distancias curtas que tamén son as mellores deste disco especialmente "Hello" e "2000 años tristes", tampouco están mal o rollo hippie de "Pájaro Amigo" e o seu homenaxe aos catro de Liverpool "Beatles".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjz_ox2SaG4KNPI4RyRE52lBUqwpOYY15Uj_Qe7K9eFawNG2NVTLLCzErkb-7x9tbGTKvghETQXcibtGhJ4rt9u5qyJ7JSi1tlYCLnn8-F02FpcmaFaAks13STqfLhk10xNFXZgS-gGpp0/s400/M%C3%93DULOS+CONTRAPORTADA.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario