venres, 25 de decembro de 2009

THE LOVIN´ SPOONFUL Never Going Back - Forever (Kama Sutra, 1968)



Malia que na portada aparece un bonito debuxo da formación orixinal dos Lovin Spoonful a realidade e outra, de feito en "Never Going Back", tema de John Stewart e con diferenza o mellor momento de "Revelation: Revolution '69", están só Jerry Yester e Joe Butler con sesioneiros mentras que "Forever" é unha peza instrumental composta por Steve Boone e que xa aparecera en "Everything Playing".

Ningún comentario: