O máis interesante deste elepé de William Oliver Swofford está nas adaptacións de "In my Life" dos Beatles e na de "Ruby Tuesday" dos Rolling Stones. Tamén podería salvar o único tema do disco composto por Oliver "The arrangement" cun bonitos detalles orientais do arranxista Hutch Davie, colaborador habitual do productor Bob Crewe. O resto, incluídos os éxitos "Jean" e "Good Morning Starshine" non me gustan tanto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario