xoves, 21 de xaneiro de 2010

JOHN KINCADE One Of These Dreams (Penny Farthing-Belter, 1974)


"Friday on my mind"
 

Outro dos protagonistas da nosa historia é John Knowles, o tipo escollido por Larry Page para o posto de cantante en Kincade cando houbo que crear un grupo para aproveitar o éxito de "Dreams Are Ten A Penny". A resposta do público foi realmente boa, sobre todo en Alemaña, así que Page decidiu que probara en solitario xa co apelido Kincade. O seu primeiro elepé só conta cun tema de John Carter "Shine on woman" e un par deles absolutamente intrascendentes asinados polo propio Rowles, o resto son adaptacións escollidas polo factotum de Penny Farthing e as únicas un pouco interesantes son "´Til I kissed You" dos irmáns Everly  e a sempre gañadora "Friday on my mind" dos Easybeats.


Ningún comentario: