"Xohana (2ª Parte)"
Xa hai tempo que non recuperamos nada galego así que hoxe tocan os dous sinxelos editados polo coruñés Xetxu nos primeiros setentas. A cara b do seu primeiro púxose de moda estos últimos anos despois da súa aparición na serie "Andergraun Vibrations". O texto que ven a continuación esta extraído do máis que recomendable "
Psicodelia, hippies y underground en España" de Pepe García Lloret.
Xetxu era o pseudónimo do galego José Manuel Hermida, estudante de dereito en Barcelona, gran afeccionado á música, á literatura e as artes, que asinou contrato coa discográfica Columbia tras realizar unha proba de voz. O contrato frutificou en (polo menos) dous sinxelos, con temas cantados en galego, que compaxinaban o rock coas baladas neblinosas e intimistas (coa proverbial melancolía do noroeste de España), que foron editados polo subsello progresivo de Columbia, Top Records.
O primeiro destes discos, aquí seleccionado, garda unha barbaridade de rock underground na súa cara B, "Xohana 2ª parte", un delirio de guitarras aceitosas, con distorsión, wah-wah, punteos pasados da raia e o cantante berrando tolo. José Hermida (Xetxu) é hoxe día profesor de universidade e escritor especializado en comunicación persuasiva. Nesta gravación foi acompañado por José María Bardají á guitarra, Toti Soler ao baixo e o Fusioon Santi Arisa á batería.
¡Fogo! ¡No pobo temos fogo!
Corre a xente, voa a xente
e axiña como un lóstrego
síntese unha voz: O-E-O-E-FUN EU!!
¡Sangue! ¡No pobo temos sangue!
Homes e ferros revoltos
e axiña como un lóstrego
síntese unha voz: O-E-O-E-FUN EU!!
(E a visión dunha rapaciña depois de xantar un ácido) Xetxu