O australiano Ronnie Charles gravou en 1976 un elepé de versións titulado "Prestidigitation" no que se fixo acompañar polo English Chamber Choir e a London Symphony Orchestra, dándolle unha perspectiva distinta, e curiosa por momentos, a temas de Free, Righteous Brothers, The Who, Dobie Gray ou Derek & The Dominoes, aínda que o mellor momento é esta de Thunderclap Newman, quizais porque conte coa colaboración do propio autor Speedy Keen na parte vocal. Os arranxos do disco foron obra do ex-Orange Bycicle Wil Malone e da produción ocupouse o afamado Lou Reizner. A portada vén cun bonito troquelado de modo que ao mover o encarte interior prodúcese o efecto da maxia e aparece o coello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario