luns, 30 de marzo de 2009

GAMINE Harley Davidson (MLP, Marilyn, 1985)

Aínda que só fose polo feito de térenme descuberto a música de Serge Gainsbourg, estes franceses de Burdeos xa terían un oco na miña memoria sentimental. Ademais, retrotáenme a unha época na que a xente en Ourense podía tomar copas e moverse, bailar sería moito decir, ao ritmo da fantástica versión de «Harley Davidson» que parece neste mini LP de oito cancións. Unha época na que no Bar, mítico pub ourensán que funcionou na década dos 80, se podía escoitar o mellor e máis actual da música nacional e internacional, como se estiveramos no centro do mundo.

Lembranzas aparte, o caso é que o disco, que compila un par de singles e parte doutro mini LP francés, segue a soar fresco e melódico, con esa mezcla de Rickenbakers e acústicas que tan ben trenzaban os Flamin’ Groovies nos finais dos 70, en cancións tan brillantes como «Julie, Julie» ou «Shandy Street», e algún que outro detalle rocanroleiro de qualité. Tiñan o bo detalle de cantar en francés, viñan máis ou menos apadriñados por Robin Wills e Chris Wilson, productores dalgún destes temas e daquela nos Barracudas, e os apelidos dos seus dous líderes amosaban as claras a súa ascendencia hispana. Esta edición española do sello Marilyn non tivo continuidade e logo lles perdemos a pista, aínda que hai pouco descubrín un CD que semella xuntar o mellor da súa produción entre os anos 80-86. Por suposto, este pequeno gran disco de son modesto pero moi apañado aparece na súa totalidade.

Artigo aparecido no seu día na revista Ruta 66

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Yo también tengo gran aprecio por este disco, "Shandy Street" es fantástica. Para cuando el de los Surrenders?

Agustín

MIDNIGHT RAMBLER dixo...

Merci pour cet excellent post ... j'aime beaucoup leur reprise de "Zebra club" des Bongos même si elle sonne comme une démo !
"Harley Davidson" était sorti en France en maxi ep 3 titres (avec en b side "Paris,Paris" et un titre qui ne figure pas sur le lp espagnol :"Bleu pâle") sur l'éphémère label Surfin' Bird ! Je savais que Marilyn records l'avait sorti agrémenté des 2 premiers sp et de "Zebra club" mais je n'avais jamais vu la pochette !
Bonne route !

Anónimo dixo...

Yo también lo tengo. Es un disco espléndido y tuve la ocasión de verlos en directo en la sala Star de Madrid