Onte nos "Conciertos de Radio 3" tocoulle o turno a un dos nosos arxentinos favoritos, Andy Chango, do que aínda lembramos con moito agrado aquela magnífica e divertida actuación na Coruña de hai uns seis anos. O concerto transmitido foi un repaso por sete das cancións do seu último disco inspirado na obra de Boris Vian –escritor, músico, compositor, e incluso anarquista–. Andy adapta ó español os textos do parisino, actualizándoos ós nosos días e respectando a súa mordaz ironía. No traballo de tradución, Chango contou coa colaboración de Javier Krahe, do poeta Luis Antonio de Villena e incluso do seu simpático trombonista Norman Hoghe. Como nota changuista do concerto, mentras presenta a segunda canción, sona o teléfono móbil e non ten ningún reparo en collelo e decirlle a Pilar, nome da súa interlocutora, que esta gravando e se quere saír en directo, un tras. A lista de cancións foi a seguinte:
1. Beber
2. Snob
3. Blues Del Dentista
4. No Quisiera Morir
5. Un Euro Con Cincuenta
6. Viva El Progreso
7. Rock´n Roll-Mops
Ningún comentario:
Publicar un comentario