O selo Dim estaba especializado tanto no "tras" como na "explotation music" abarcando dende psicodelia no caso de Hell Preachers Inc. cuxo "Psychedelic Underground" é un artefacto desexado polos amantes do xénero, ata cousas como o caso de High Bubble Gum unha explotación do "chicle" con excelentes resultados. O disco é un falso directo no que se mesturan alguhnas clásicas do xénero como "Indian Giver" ou "Chewy Chewy" e orixinais que se reparten uns tales M. Oberdorffer e Jerry Blow e que nalgún dos casos incluso lles quedan moi ben como "Run Boys Run". Foinos imposible atopar información do lugar de procedencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario