luns, 5 de xaneiro de 2009

J. BASTÓS Holy Goly Girl (Single, Carnaby-Columbia, 1972)

Foime verdadeiramente imposible atopar información de Juan Bastós, probablemente de orixe portuguesa ou española e emigrado a Holanda. Practicante de ese tipo de "bubblegum" pastiche de primeiros setenta tivo certo éxito nos Paises Baixos e Alemaña con "Loop di Love" . Do single, a cara A "Holy Goly Girl" é unha conachada que xoga co "Hully Gully" nembargantes a cara B "Alice" resulta moi entretida dende o seu comenzo con toques a The Sweet e xogando coa melodía do "I Feel Free" dos Cream.

Ningún comentario: