
Todo comenzou en 1969, cando Robert Totten e Don Siegel (que dirixira en 1956 o clásico La invasión de los ultra cuerpos) decidiron retirar os seus nomes de Death of a Gunfighter (Morte dun pistoleiro), insatisfeitos coa montaxe que impuxera o productor. Ó Directors Guild of America, o poderoso sindicato que organiza ós directores estadounidenses, ocorréuselle inventar entón a Alan Smithee, un pseudónimo que serviría para suplantar ó director auténtico no momento en que os executivos dos estudios se excederan nas xa de por si xenerosas facultades de control que lles adxudica o americano way of filming. As test screenings, esas proxeccións previas á estrea ante espectadores rigorosamente seleccionados, que case sempre animan ós empresarios cinematográficos a estropear os filmes (por exemplo cambiando os finais contundentes por empalagosos happy ends), e nas preocupantes operacións de marketing, que deixan boa parte da responsabilidade en mans dos executivos en detrimento dos autores, auguran bo futuro ó bo de Smithee.
Artigo Completo e despois da lectura un vídeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario