sábado, 10 de xaneiro de 2009

LA COARTADA Sir Duke (10", DRO, 1990)

La Coartada foron un grupo madrileño formado como banda paralela dalgúns compoñentes do Aviador DRO e outros grupos de Madrid que xirou arredor do guitarrista Santiago Agudo e o baixista José Antonio Gómez como membros estables dentro dunha formación pola que pasaron unha morea de músicos.Debutaron no 1986 cun Mini Lp homónimo ao que lle seguiu a súa participación con dúas cancións no recopilatorio "Teloneros", editado por DRO no 1987 e no que tamén aparecían Los Flechazos coas súas primeiras cancións, Los Cardíacos e os tamén leoneses Deicidas. Seu primeiro LP foi "La culpa es suya" publicado no ano 1988 e que contiña a que á postre foi o seu tema máis popular, "Coge mi número". No ano 90 deixaron o que foi seu último Lp 'Fruta madura'. Ese mesmo ano publicaron este 10" cunha aceptable versión en castelán do clásico de Stevie Wonder "Sir Duke". Na cara B aparecen dous orixinais "Esta Noche" e "La distancia" de claro sentimento poproqueiro pero non demasiado brilantes.

Ningún comentario: