luns, 30 de marzo de 2009

GAMINE Harley Davidson (MLP, Marilyn, 1985)

Aínda que só fose polo feito de térenme descuberto a música de Serge Gainsbourg, estes franceses de Burdeos xa terían un oco na miña memoria sentimental. Ademais, retrotáenme a unha época na que a xente en Ourense podía tomar copas e moverse, bailar sería moito decir, ao ritmo da fantástica versión de «Harley Davidson» que parece neste mini LP de oito cancións. Unha época na que no Bar, mítico pub ourensán que funcionou na década dos 80, se podía escoitar o mellor e máis actual da música nacional e internacional, como se estiveramos no centro do mundo.

Lembranzas aparte, o caso é que o disco, que compila un par de singles e parte doutro mini LP francés, segue a soar fresco e melódico, con esa mezcla de Rickenbakers e acústicas que tan ben trenzaban os Flamin’ Groovies nos finais dos 70, en cancións tan brillantes como «Julie, Julie» ou «Shandy Street», e algún que outro detalle rocanroleiro de qualité. Tiñan o bo detalle de cantar en francés, viñan máis ou menos apadriñados por Robin Wills e Chris Wilson, productores dalgún destes temas e daquela nos Barracudas, e os apelidos dos seus dous líderes amosaban as claras a súa ascendencia hispana. Esta edición española do sello Marilyn non tivo continuidade e logo lles perdemos a pista, aínda que hai pouco descubrín un CD que semella xuntar o mellor da súa produción entre os anos 80-86. Por suposto, este pequeno gran disco de son modesto pero moi apañado aparece na súa totalidade.

Artigo aparecido no seu día na revista Ruta 66

KRIS JENSEN Torture (EP, Hickory-Hispavox, 1962)

Seguimos coas conexións cos Everly Brothers neste caso coa figura deste rapaz, Kris Jensen, que estivo probando fortuna desde finais dos 50 sen resultado algún ata que o selo Hickory de Nashville proporcionoulle a posibilidade de contar con boas cancións a escoller entre a nómina de compositores que tiñan na casa, talentos como o matrimonio Boudleaux e Bryant, Roy Orbison ou John D. Loudermilk. Precisamente, unha canción deste último, "Torture" foi o seu maior éxito no 62. Como curiosidade dicir que a canción fora escrita orixinalmente para os Everly Brothers que non a gravaron ata despois do éxito da versión de Kris Jensen. O resto dos temas son unha apreciable adaptación de "Claudette" de Orbison e dúas pezas de Boudleaux-Bryant: "Donna Donna" e "Radio and TV".

NICK LOWE & DAVE EDMUNDS Sing The Everly Brothers (EP, F-Beat, 1980)

É de sobra coñecida a devoción de Dave Edmunds polo rock clásico dos 50, algo presente na maoiria dos seus discos, polo tanto parece claro que a idea deste Ep foi cousa súa. As catro cancións dos Everlys foron gravadas en directo no estudio coa soa presenza duns poucos colegas e nelas poñen de manifesto a súa capacidade para sair airosos deste divertimento, recreando perfectamente as harmonías dos irmáns, a min particularmente góstame "Poor Jenny". O Ep viña orixinalmente de regalo coas primeiras copias de "Seconds of Pleasure", o único disco de Rockpile baixo ese nome e que aparecen como bonus na reedición en Cd. A copia que teño non ten portada así que tiven que axenciarme esta que atopei por aí, os singles sen portada non me motivan nada.

domingo, 29 de marzo de 2009

CROW Evil Woman (LP, Exit-Ekipo, 1971)

Crow foron un quinteto macarrita formado en Minneapolis a finais dos sesenta polo cantante David Wagner, o guitarrista Dick Wiegand, o baixista Larry Wiegand, o teclista Kink Middlemist e o batería Denny Craswell. "Evil Woman" é o seu primeiro disco, aínda que lonxe de España levaba por título "Crow Music". O tema máis popular que incluso chegou as listas foi "Evil Woman (Don’t Play Your Games With Me)" que sería versioneado por Black Sabbath no seu primeiro album. Outros que non desentonan dentro desa liña son "Time To Make A Turn" que me lembra aos Bravos e "Gonna Leave A Mark" cun arranxos de ventos e frautas guais. O resto do disco é hard-rock con toques blues e boogie bastante aburrido para o meu gusto.

sábado, 28 de marzo de 2009

MYSTIC MOODS ORCHESTRA Erogenus Vol. 2 (LP, Zafiro, 1978)

Aínda que pola portada poderiades pensar, aí vai outra frikada limodresa, o certo é que o contido non está nada mal. É basicamente un disco de soul tratando tódolos xéneros vencellados a el naqueles anos e así desfilan mais que dignos exercicios funk como "Any way you want it" ou "Honey Trippin", soft soul "Keep Me warm", tamén certas doses de sexy soul clasificado S en "The Sound of Love" e instrumentais moi decentes como "Midnight Stack" ou "Your Place or mine".


Biografía de Heather Phares (AMG Music Guide)

One of the choice audio aphrodisiacs of the '60s and '70s, the Mystic Moods Orchestra mixed orchestral pop, environmental sounds, and pioneering recording techniques into a unique musical phenomenon. Audiophile Brad Miller, the creator of the Mystic Moods Orchestra, was devoted to capturing sound as accurately as possible, and was particularly inspired by the sounds of railroads; in the '50s, he began recording some of the last steam locomotives still running. In order to sell his railroad recordings, which took advantage of the era's latest advances in stereo technology, Miller formed the Mobile Fidelity label. Within their field, Miller's albums were well received, but the concept of the Mystic Moods Orchestra didn't occur to him until the mid-'60s, when a late-night San Francisco DJ played one of Miller's albums and an easy listening album simultaneously on the air. When he received surprisingly positive feedback to his joke, he told Miller, who was suitably inspired to collaborate with arranger/composer Don Ralke on the first Mystic Moods Orchestra album, 1965's One Stormy Night. Released through Philips, the album consisted of Mantovani-esque orchestral instrumentals and Miller's recordings of rain, thunder, and trains; the liner notes featured vaguely psychedelic poetry and detailed technical explanations of the microphones, mixers, decks, and other equipment used to record the album. It became Philips' most popular release that year, and throughout the rest of the '60s and '70s, Miller and producer Leo Kulka repeated that success with Mystic Moods Orchestra. in the '70s, the music switched from original material to contemporary pop instrumentals, while the album covers and titles made it clear that the music was intended for romance and seduction. Indeed, Erogenous' inner sleeve featured a gauzy photo of a nude couple, and another album included a free pair of panties. Miller also continued to pursue higher levels of sonic perfection, releasing more environmental and railroad recordings, as well as Mystic Moods reissues on his own Soundbird label. More importantly, in the late '70s, Miller founded the Mobile Fidelity Sound Labs. There, he implemented half-speed mastering techniques and the highest quality vinyl and cutting machines to produce albums with pristine sound quality; many labels licensed Mobile Fidelity's process for reissues.

xoves, 26 de marzo de 2009

LA ROSA Soy Un Desastre (Single, Sons-Galiza, 1992)

Aquí está o single que lle faltaba a José, as dúas cancións están extraídas de "El sueño del camaleón" que podedes descargar en El Corazón de los Pájaros

mércores, 25 de marzo de 2009

STATUS QUO Messages From...(Cadet, 1968) @

Cando Status Quo gravaron o seu primeiro longa duración xa tiñan unha pequena bagaxe discográfica como The Spectres ou Traffic Jam cultivando diversos xéneros con desigual fortuna. "Messages from..." é a versión americana do primeiro Lp con diferenzas na portada, no título do album, abandonando o orixinal e complexo "Picturesque Matchstickable Messages From The Status Quo" e tamén no seu contido omitindo, supoño que por cuestións legais a versión de Tommy Roe e o "Green Tambourine" dos Lemon Pipers. Polo demáis inclúe grandes doses de pastiche sicodélico con tódolos grandes momentos publicados previamente en sinxelo: "Pictures Of Matchstick Men" e a súa continuación "Black Veils Of Melancholy" , "Ice in the sun", "Technicolor Dreams" e pezas que so ían no album como a fantástica "Elizabeth Dreams" versioneada recentemente polos cataláns The Gurús no seu último disco.Isto é que deciá na década dos oitenta Francis Rossi sobre "Pictures Of Matchstick Men":
"Cando a compuxemos lembro que pensei na secuencia de acordes de "Hey Joe" de Hendrix. Escribín a canción no cuarto de baño, era o único sitio da casa no que podía estar lonxe da miña muller e a súa nai. Tiña a maior parte da letra pero faltaba o título. Miña ex-muller deume a idea cando un día lle preguntei que estaba buscando e ela respondeu: "take pictures of matchstickmen"

LA ROSA La Reina Del Mate + 3 Bonus (Single, Edigal, 1990)

Un dos grandes singles galegos de tódolos tempos, aínda que as dúas cancións sexan do seu segundo LP "Tren de Azúcar". Sempre tiven especial predilección por "La Reina Del Mate " unha desas favoritas personais e agradecín moito que este pasado xaneiro Magín se decidira por fin a recuperala para o directo. E que dicir da cara B, case podería ser un himno galego alternativo, fantástica letra e musicalmente cun ambiente moi especial proporcionado polo violín de Pancho Álvarez membro de Na Lúa e o pandeiro de Xosé Manuel Fernández do grupo Muxicas. Se foran ingleses estaría en calquera recopilación de acid folk. Magín tes que recuperar ese tipo de efluvios.

Como bonus van tres temas, a versión primitiva de "La Reina Del Mate" con pequenas diferencias na letra, a gravación en directo xa comentada anteriormente de principios deste ano co acompañamento ao piano de Tarci e por último una das grandes cancións perdidas de La Rosa "Nunca Tuve Fortuna" tamén desa maqueta previa e que en breve teredes completa á vosa disposición en El Corazón De Los Pájaros, a páxina de Magín que leva o noso bo amigo José. El tivo máis paciencia cá eu para pasar a casete a dixital.

LA ROSA La Rosa Se Abre (LP, La Rosa, 1987)

Outra recopilación con dous temas de La Rosa, curiosamente editados polo selo madrileño La Rosa Records que ademáis dos ouresáns incluía aos vitorianos La Obesa Negra, os madrileños Bajo Cero e Pedro Gómez Llega que viñan de Castellón. As gravacións que aportaban estos tres últimos son fancamente esquecibles e o Lp sálvase polas dúas pezas aportados por Magín, Juan e Joel: "Sólo tú e llevas a la luz" e "La casa del jardín".


LA ROSA O Pulso Do Tempo (Caskabel, 1988)

Imos completar os traballos discográficos de La Rosa e principiamos con esta recopilación, un doble Lp cunha das portadas máis feas que lembro ter visto, que foi editado pola Xunta e a Deputación da Coruña e pola que desfilaban bandas galegas, case todas da Coruña, cantando en galego. La Rosa aparecían con dous temas que posteriormente voltarían a gravar, pero en castelán, "Tren de Sucre" e "O fin do Romace", cunha producción un pouco cutre realizada en Caskabel (León). Mencionar que na recopilación tamén aparecían El Metódo Sueco, o grupo do noso presentador favorito no Felipop, o gran Franki, ademáis de Pasaje de Proa, La Traición, El Origen, Destellos de Pasión, Los Bichos (os de aquí, os de Pablo Bicho),..., todas con moi boa intención pero con resultados musicales escasos.

UMBERTO TOZZI Perdendo Anna (Single, EPIC, 1978)

Seguimos por terras italianas e aínda que poderíades pensar que é pouco serio isto de que apareza por aquí Umberto Tozzi, "Perdendo Anna", a cara B do mega éxito "", é unha canción realmente bonita como poderedes escoitar neste novo invento co que estou practicando.

FORMULA 3 Eppur Mi Son Scordato Di Te (Single, Numero Uno, 1971)

Aquí temos como continuación a versión que fixeron os Formula 3 de "Eppur Mi Son Scordato Di Te" evidentemente moito máis macarrita cá do vídeo. Formula 3 eran Alberto Radius (guitarra e voz), Tony Cicco (batería e voz) e Gabriele Lorenzi (teclista). A semellanza dos Doors tampouco tiñan baixista que suplía Lorenzo. Os catro discos que publicaron entre 1969 e 1974 teñen algunhas cancións que me gustan moito pero cando se tiran ao rollo progre parécenme un verdadeiro coñazo, a versión de Left Banke do seu primeiro Lp, ufff.... De cara A do single aparecía a versión curta de "Nessuno, Nessuno". Os dous temas están extraídos do seu segundo LP "Formula 3" composto integramente por Mogol-Battisti que tamén se encargaron da produción. Grazas a Dani-El por este bonito single.

martes, 24 de marzo de 2009

LUCIO BATTISTI Eppur Mi Son Scordato Di Te

Se algún día decidimos facer a alguén fillo honorífico de Felicia e case seguro que o gran Lucio Battisti será un dos primeiros candidatos dada a cantidade de apaixoados seguidores que temos nas nosas filas. Aquí vai unha interpretación case a pelo co acompañamento único da súa guitarra da memorable "Eppur Mi Son Scordato Di Te". Aproveitamos a ocasión para convocar entre tódolos lectores que sexan músicos e sintan esa mesma devoción por el para que se atrevan a facer unha versión do seu amplo repertorio para disfrute de todos nós.

luns, 23 de marzo de 2009

FLASH FEARLESS Versus The Zorg Women Parts 5 & 6 (LP, Chrysalis-Ariola, 1975)

Case todo o mundo ten oído falar de Flash Gordon ou Buck Rogers, pero o máis probable é que poucos coñecen ao noso heroe Flash Fearless, a pesar de que entre as súas fazañas se contan as de eliminar de morralla, renegados e tránsfugas todo o sistema solar, de Xúpiter a Marte, da Bouza da Pena ata os Aneis de Saturno. Tanto tempou pasou no espacio exterior que non foi ata mediados dos setenta cando por fin chegaron aquí, á Terra, as novas das súas expedicións planetarias e todo grazas a publicación deste "Flash Fearless vs Zorg Women: Parts 5 & 6", unha especie de disco conceptual claramente influenciado polo éxito de The Rocky Horror Show e no que se implicaron figuras notables da escena rock de aquel momento, entre outros: Alice Cooper, Elkie Brooks, Frankie Miller, o guaperas Jim Dandy de Black Oak Arkansas, Keith Moon e John Entwistle dos Who, Kenny Jones, o eterno sesionero Nicky Hopkins, Justin Hayward dos Moody Blues, Bill Bruford de Yes, Carmine Appice ... En canto ao aspecto musical do disco hay evidentemente bastante rock non demasiado brilante, blues, algún toque country e incluso doo wop en "At The Chop" cantada por Entwistle e que é con diferencia a máis divertida. O disco viña cun comic, esencial para seguir a historia, desgraciadamente a copia que teño non trae ese libreto, pero si a recente reedición en CD.

sábado, 21 de marzo de 2009

TORTILLA Little Heroes (LP, Belter, 1972)

Unha petición de Álvaro que sentía curiosidade por ver a que sonaba este disco de bonita portada e singular nome. Tortilla viñan de Bergen en Holanda e deixaron este único traballo. Eles eran os irmáns Emile den Tex (voz, guitarra) e Jan-Piet den Tex (voz, guitarra) xunto Henk Haanraads (guitarra), Gerard Groothuys (batería) e Willem Schoone, (baixo). O propio Jan-Piet den Tex na súa páxina define o disco como alt-country e algo diso pódese apreciar nas cancións ás que se lle notan débedas con aqueles sons representados entón por Neil Young, Gram Parsons ou The Band. A pesar de que o disco se abre co tema máis rock, "Wild Pony" o resto está dominado polos medios tempos e a influencia americana cun gran traballo do pequeno dos irmás, Emile den Tex á guitarra. As miñas favoritas son sen dúbida "In This Room" e "The Man, The Woman And The Dog" pero o resto non están nada mal.


venres, 20 de marzo de 2009

LOS YAKI Lo Mejor de Los Yaki (LP, Cap Latino, 196?)

Los Yaki procedían de Reynosa, Tamps, en México y eran Benito Raúl 'Benny" Ibarra (Vocalista), José Luis Gazcón (Requinto y Segunda Voz), Luis Alfonso Ascencio (Segunda Guitarra), Manuel 'Meme' Gazcón (Bajo) y Miguel Ángel Ibarra (Batería). Su primer gran éxito fue "Auxilio" una versíon del "Help" y a partir de ahí encadenaron una serie de hits, la mayor parte de las veces adaptaciones al castellano de canciones anglosajonas. El cantante "Benny" llevaba unas melenas más que respetables y que fueron motivo de tal polémica que tuvo que rapárselas. Aunque el grupo conserva alguna de las esencias del mejor rock mejicano de los primeros sesenta acaban por desinflarse cuando se acercan a terrenos melódicos. Con diferencia los mejores temas de esta recopilación son la versión de "Devil on a blue dress" de Mitch Ryder y los Detroit Wheels y el "Shake" de Sam Cooke, el resto no pasa de lo ñoño aunque alguna les queda simpática como "Sonia", el "Sunny" de Bobby Hebb. El grupo también hizo cine, "Sor Ye Yé" con Rocío Dúrcal y Enrique Guzmán, "Un Quijote sin Mancha" con el gran Cantinflas y "Latin Lover" con Manuel López Ochoa.


mércores, 18 de marzo de 2009

COSECHA ROJA A Plena Sombra + Bonus (CD,Autoedición, 2001)

El pasado año no fue todo lo boyante para la música independiente nacional como las expectativas hacían suponer. Pocas formaciones ofreciendo nuevas alternativas y las que están, aportando más de lo mismo, incluso aquellos grupos que conseguían, aunque con dificultad, ver editados sus trabajos se ven abocados a la autoedición. Es el caso del cuarteto gallego Cosecha Roja. Tras un paréntesis de dos años, la formación liderada por Carlos Rego vuelve a la actividad discográfica, un nuevo peldaño en una carrera apoyada por un público agradecido pero minoritario ante la escasez promocional, marcado estilísticamente por una personal visión de un pop visceral que ahora se reivindica como power pop.

"A plena sombra" hace el cuarto en los álbumes de Cosecha Roja, después de pasar por discográficas como Gal&Cía, Maybe Tomorrow o Sonic Recordings, autofinanciado en una edición limitada de 300 ejemplares para su círculo de seguidores. Pese al tono nostálgico y agridulce que desprende la cotidiana temática de los doce temas de esta entrega, musicalmente en común tienen un esqueleto de elegante pop rock con un matizado tratamiento vocal y una sección rítmica dinámica, donde el eléctro-acústico entramado guitarrero perfila con finura cada uno de los detalles. Se agradece la inclusión de nuevos ornamentos sonoros: sección de metales perfectamente engrasada para el tema "Como a la nube", percusiones variadas y marimba apreciables en "Seis días" o un mayor predominio de teclados que proporcionan ese aire clásico al estilo estadounidense. Aunque en la producción general echo en falta algo más de tensión y nervio, es un grupo que se muestra tal como es, buscando la complicidad en un puñado de canciones con títulos como "Nada que mirar", "Zulo", "Despedida", "Tendrías que habernos visto" o "Alicia G", reflejo de un sincero tesón y de la huida de poses artificiosas.

En activo desde finales de los ochenta, Cosecha Roja tienen en contra su anti-look y su aferramiento a esquemas ya explorados y clásicos, pero a su favor juega lo más importante, un puñado de excelentes canciones forjadas en las sensaciones a flor de piel que la madurez conlleva; con bastantes menos argumentos, bastantes formaciones actuales acaparan más expectación, es así de injusto. Por poner un ejemplo te puedo decir que están entre José Ignacio Lapido, La Habitación Roja y los reactivados La Granja. Juan A. Mateo, "Diario Sur" (Málaga)-2001

COSECHA ROJA Conducir Despacio + Bonus (CD, Sonic Recordings, 1997)

Folla de promo

Desde que les descubrí allá por 1993, a raiz de la edición de su primer Lp "Nuevos caminos" (Gal&Cia discos), soy visceral seguidor de la banda de Ourense. Considero a Cárlos Rego, su cantante y vocalista, uno de los mejores compositores del estado si hablamos de pop -y de rock, que cojones- y pocas veces me he sentido tan identificado con una colección de sentimientos grabados como con los suyos. ¿Qué puedo decir de este nuevo disco, casi cinco años después del mencionado y soberbio "Nuevos caminos"? Pues que reto a cualquier promocionero de tres al cuarto a ver si es capaz de largar más parabienes que yo en un par de líneas: Redondas canciones, personalidad, letras incisivas (auto-incisivas, porque, ¿Alguien por aquí habla mejor de si mismo que el amigo Rego?) y la suficiente prestancia instrumental para ofrecer justo lo que hace falta, ni un poco más, en cada momento. No os dejéis engañar por la humildad de la propuesta y del sello, no es -a la vista está- producto de Elefant, Munster o Subterfuge, pero poco material de este calibre os va a acariciar la oreja durante los próximos meses. Ahora os toca a vosotros convencerme de que exagero y que Cosecha Roja no son sino una banda del montón, un cuarteto de esos que tanto abundan últimamente. Me encantará escuchar vuestros argumentos. EDUARDO RANEDO (Ruta 66)

Carlos Rego fala sobre os bonus

Cuando nuestro último disco "A Plena Sombra" estaba listo, volvimos al Taller Municipal de Música de Ourense, el estudio gratuíto que solíamos usar para grabar discos y maquetas. De esas sesiones están extraídas una versión improvisada de "Cicatrices", más lenta y acústica y con una gran guitarra de Dofo y "Corazoncito". En unas horas sueltas tambiñen grabamos "She´s Your Problem Now" de Ben Vaughn . La canción la solíamos hacer en directo desde la época de Los Cachorros (grupo de versiones que formamos con Magín Blanco cuando Cosecha Roja estaba en stand by). En ella se oye un teclado que también improvisó en el momento el técnico del estudio, el gran Moncho Lusquiños, guitarrista de lujo desgraciadamente desaparecido hace unos años y al que tantos favores le debemos. Fue la última vez que grabamos allí y la última vez que lo hizo Cosecha Roja.
Entrevista para Bambán (1998)

FRANÇOISE HARDY Ella Es... (EP, Vogue-Hispavox, 1963).

Notas da contraportada

PARIS MATCH:"Françoise Hardy : 18 años. Un disco. Dos millones de fans." (H. Bastel)
CANDIDE: "En tres fabulosos minutos, Françoise Hardy amenaza el reinado de Bardot". (H. Gault)
TELE 7 JOURS: "Exito fulminante. "Soirée rose pour jours gris" lo ha conflrmado: Françoise Hardy es una verdadera estrella". (P. Lefort)
WEEK-END COURSES: "Françoise Hardy . Un gran talento". (J. Dupuy)
AGE TENDRE ET TÊTE DE BOIS:
"Se la presento ya como vencedora". (J. P. Maury)
SALUT LES COPAINS:
"Françoise Hardy . Una muchacha y una meteórica carrera". (D. Filipacchi)
LA DISCOGRAPHIE FRANÇAISE:
"Su éxito es único. Solamente se nos ocurre esta palabra".
ELLE: Françoise Hardyes la "moda".

martes, 17 de marzo de 2009

CIRCUS 2000 Hey Man (Single, Ri-Fi, Columbia, 1972)

Circus 2000 viñan de Turín pero sonaban descaradamente a grupo americano da costa oeste sobre todo grazas ao seu guitarrista Marcello "Spooky" Quartarone e a voz da súa cantante Silvana Aliotta. Este tema "Hey Man" repártese entre as dúas caras e é probablemente o máis agradecido do seu segundo LP "An escape from a box".

JORGEN INGMANN No Time Like Now My Love (Single, Belter, 1970)

Que bonitas e coloristas eran as portadas de Belter, alguén incluso definiu acertadamente os diseños do selo como "Paisley de Rotulador". Ese atractivo visual é moitas veces razón suficiente para levarse o disco, como sucedeu neste caso. A versión da cara A é francamente esquecible, nunca me gustou "El Cóndor Pasa" pero "No Time Like Now My Love" é un deses intrumentais ensoñadores tipo "Sleepwalk" ou "Albatross", O tal Jørgen Ingmann viña de Dinamarca, aquí tedes unha pequena biografía.

BILLY & SUE Come Softly To Me (Single, Ekipo, 1970)

Detrás de Billy & Sue agáchanse dúas personaxes ben coñecidas na historia da música pop, por unha parte Oliver, aquel rapaz que saltara á fama con temas como "Good Morning Starshine" ou "Sunday Mornin'" e por outra parte Leslie Gore que tivera o seu momento na primeira metade dos sesenta en coa imperecedeira "It´s My Party". Para este single gravado para o selo de Bob Crewe escolleron outra peza clásica, o tema dos Fleetwoods "Come Softly To Me" que resolven con pulcritude. A cara B "Billy´n´Sue´s Love Scene" é un bonito instrumental con arpas, violíns e demáis parafernalia composto polo propio Crewe.

luns, 16 de marzo de 2009

APOLO 100 Joy (Single, Poplandia-RCA, 1972)

Continuamos coas referencias á carreira espacial con Apolo 100, un grupo instrumental de estudio montado polo arranxista Tom Parker en 1972. A peza máis lembrada do proxecto foi este "Joy", inspirada en Johann Sebastian Bach é que foi todo un fenómeno naqueles anos.


THE SPOTNICKS Orange Blossom Special (EP, Discophon, 1963)

Os Spotnicks foron, nos primeiros sesentas, a resposta sueca a bandas que facían instrumentais como os Shadows e os Ventures. Tamén na súa honra figura ser o primeiro grupo dese país en acadar certa sona lonxe das súas fronteiras sobre todo a partir de "Orange Blossom Special" que funcionou moi ben no Reino Unido. Outro dos seus grandes momentos foi o clásico "Amapola" tamén incluída no EP. A destacar os espectaculares traxes espaciais que soían lucir.


domingo, 15 de marzo de 2009

CABALLERO REYNALDO Bobby Brown (Goes Down)

Terceiro disco consecutivo de versións dun dos nosos músicos favoritos, Caballero Reynaldo. Primeiro foron as cancións de Malcolm Scarpa, logo unha selección de clásicos do rock e para esta ocasión o elexido, e non podía ser doutro xeito, é Frank Zappa pero dándolle as cancións un toque country´& western. O tema escollido aparecía orixinalmente en "Sheik Yerbouti" e a min particularmente traeme lembrazas da discoteca á que ía a finais dos setenta, era normal que o pinchadiscos a usara para a transición das lentas ás mais movidas e roqueiras. Gran adaptación, estaredes asubiándoa tódala semana, moi pegadiza.
Podedes e incluso deberiades mercar o seu disco en Hall of Fame Records.


JO BROADBERY & THE STANDOUTS Jo Broadbery & The Standouts (LP, Revenge-Hispavox, 1980)

Este artigo apareceu publicado orixinalmente no número 6 de 18 RODAS.

Parece lógico que a estas alturas, cuando ya han pasado 15 años desde la aparición de su único Lp , tratemos de reivindicarlo, ya que ni entonces hubo alguien que se interesase en el autor de un disco tan estimulante. Quizá era demasiado normal y no se salía de los cánones del rock de guítarras más tradicional. Tal vez, pero no creo. Por aquellas fechas triunfaba con una fórmula muy parecida Elvis Costello, a quien Jo no tenia nada que envidiar. Simplemente, un caso más de mala suerte que añadír a una larga lista. O puede que tampoco... Qué más da. Dejémonos de elucubraciones sin sentido y centrémonos en lo que realmente importa: el comentario de este disco de Jo Broadbery and the Standouts", no va a cambiar tu vida, pero te hará sentir a fondo las emociones de una música que no parece tener muchos adeptos últimanente.

Nuestro amigo Jo era un tipo con clase. Puede que no la tuviera en el vestir, a juzgar por las fotos de la portada, pero le sobraba en lo musical. Sabia componer grandes canciones y arroparlas de arreglos imaginativos, a pesar de trabajar con la clásica formación de dos guitarras, bajo y batería. Todo rezuma estilo, en cada acorde, en cada break. El mérito también debe corresponder a su fenomenal banda de acompañamiento, The Standouts y que estaba formada por: Geoff Cooper, guitarra solista y órgano; Mick Shiner, bajista; y Dave O' Regan en la batería. Obviamente destaca la guitarra de Cooper, pero la sección rítmica no se dedica sólo a "llevar el ritmo", sino que participa plenamente en las canciones con ese tipo de detalles que normalmente pasan inadvertidos: la que podía tener Ñete en Nacha Pop, por ejemplo. En realidad no es la unica coincidencia entre ambos grupos, ya que el sonido de los primeros discos de Nacha Pop y el de éste, es bastante parecido. Otra de sus bazas es la riqueza melódica de todas sus canciones, repletas de estribillos de esos que se pegan como lapas a tus orejas. Tanto las más aceleradas, como "Put you in the exile" al astilo de los primeros Jam, o "Backroom boys", "Mumbo man", como las baladas, la impresionante "Temptation" o "Animal games", en las que se aprecia la influencia del soul más carnal.
Jo Broadbery editó otro disco más "The House of Love" en 1982 pero desgraciadamente no tiene las virtudes del primeiro. Lo podéis escuchar en Wilfully Obscure. Ahí también nos enteramos gracias a un comentario de su hermano que Jo murió en Abril de 1987.

venres, 13 de marzo de 2009

HOWDY MOON Howdy Moon (LP, AM-Ariola, 1974)

Howdy Moon deixaron este único disco de típico folk-rock americano de primeiros setenta que non merece máis calificativo que agradable, a verdade e que cando o merquei esperaba máis del pola presenza de Lowell George na producción. A figura máis notoria do trío era Valerie Carter que logo na segunda metade dos setenta tivo certa sona. Os outros dous membros eran os guitarristas Jon Lind e Richard Hovey, repartíndose entre os tres as tarefas vocais e compositivas. A lista de invitados na gravación é realmente luxosa coa presencia de boa parte de Little Feat: Bill Payne, Sam Clayton, tamén Roy Estrada e outros ilustres como John B. Sebastian ou Van Dyke Parks.

Cara A
1. Lovelight (2:53)
2. Cheyenne Autumn (3:15)
3. I´m Alone (3:13)
4. Nora Lee (3:41)
5. Runaway (2:37)

Cara B
1. And You Never Knew (3:45)
2. Machine (2:26)
3. Cook With Honey (4:19)
4. For Tonight (4:02)
5. Millstream (3:54)

mércores, 11 de marzo de 2009

DEMIS ROUSSOS On The Greek Side Of My Mind (LP, Phillips, 1971)

Como deberiades saber o noso Demis Roussos, digo noso porque forma parte da nosa iconografía nos setenta, formou parte de Aphrodite´s Child aquela banda que case por casualidad atopou o éxito primeiro en Francia e despois no resto de Europa. Con eles gravou tres Lp´s, os dous primeiros teñen seus bos momentos pero curiosamente, o máis aclamado "666" aquel disco conceptual baseado no Apocalipse de San Xoán, paréceme un coñazo e foi tamén motivo de fricción entre el e Lucas Sideras por unha parte e Vangelis pola outra xa que o mago das teclas que quería facer música máis seria.

Despois de que o grupo se desfixera, Demis iniciou a súa carreira en solitario co single "We Shall Dance" que serviu de anticipo para este "On the Greek Side of My Mind". Parece ser que o disco era un antigo desexo de Demis de fusionar o folklore Greco-Bizantino e a música pop e aínda que todo o disco está claramente ao servizo da espectacular voz do cantante, musicalmente os achegamentos á música tradicional son na maioria dos casos meras excusas ornamentais aínda que lle dan un ambiente distinto as cancións que non se escapan dos arranxos barrocos. Hai momentos realmente brilantes como "Good Days Have Gone" a pesar deses coros femininos tan populares nos setenta, "I Know I'll Do It Again", "Fire and Ice" cos seus clavicordios, arpas, e demáis parafernalia, "End of the line" que lembra aos Bee Gees cando se meteron no country , " O My Friends You've Been Untrue To me" cunha entrada ao Jethro Tull e quizáis das máis representativas en canto a esa fusión coa música tradicional. Que o disfrutedes aínda que haberá que non se atreva

STANLEY FRANK Play It Till It Hurts (LP, AM, 1980)

Stanley Frank será lembrado sobre todo por "S'cool Days", un tema de frustración xuvenil editado en plena explosión punk é que tivo certa repercusión no Reino Unido e en Europa. Aínda que era de Montreal estivo naqueles anos de finais de década por terras británicas ata que decidiu voltar á Canadá onde gravou este "Play It Till It Hurts" que aínda que non é unha maravilla para tirar foguetes, ten algún que outro momento recuperable como "Rock Crazy" con certo toque a Johnny Thunders, "Sister Delight", o achegamento máis pop do disco, a versión de "Good Lovin´" dos Young Rascals moi resultona e "Hot on You" que tampouco está nada mal . O resto do disco ten bastante máis influencias do rock tópico de época que do power-pop máis académico.

luns, 9 de marzo de 2009

FANZINE 18 RODAS Nº 8 (Maio 1994)

Quen nos ía dicir que quince anos despois da súa publicación veriamos ao 18 Rodas subastado en ebay, así que se alguén quere repasálo aquí o tedes. Inclúe artigos da Dwight Twilley Band, a historia do selo Red Bird, Walter Brennan, Gene Clark, Stiff Records, The Turtles, Aretha Franklin, The Left Banke, etc. Grazas de novo a Josega polo escaneado e a conversión a PDF.

EDGE OF THE ROAD Medium Cool Sampler (LP, Medium Cool, 1988)

Para rematar este pequeno repaso de parte da discografía dos Waltones aquí tedes un recopilatorio editado na primavera de 1988 polo selo Medium Cool, con dúas pezas máis dos nosos heroes.

Cara A
1. THE RAW HERBS The Storm (3:40)
2. THE RAW HERBS At My Funeral (4:11)
3. THE WALTONES The British Disease (3:08)
4. THE WALTONES Bold (2:27)

Cara B
1. THE CORN DOLLIES Mouthful of Brains (2:24)
2. THE CORN DOLLIES What Do I Ever (2:11)
3. THE RAIN Seven Red Apples (2:51)
4. THE RAIN Dry The Rain (2:38)

Máis info

domingo, 8 de marzo de 2009

THE WALTONES The Deepest (MX, Medium Cool, 1988)

THE WALTONES Spell It Out (MX, Medium Cool, 1988)


THE WALTONES She Looks Right Through Me (MX, Medium Cool, 1987)

Aínda que non deixa de seren un pouco raro, a finais dos oitenta víanse polas tendas de segunda man da Coruña discos do pequeno selo británico Medium Cool especializado sobre todo en iso que agora chaman jangly guitar-pop e que incluía na sús escudería a bandas como The Raw Herbs, The Rain, The Popguns, The Corn Dollies e sobre todo a The Waltones que eran sen dúbida os que máis me gustaban. The Waltones viñan de Manchester e eran Alex Fyans (batería), Mark Collins (guitarra), James Knox (voz e harmónica) e Manny Lee (baixo e coritos). Deixaron cinco singles entre 1987 e 1989 e un Lp "Deepest", que non tivo repercusión por mor dos problemas derivados tanto da quebra da distribuidora como dos de Medium Cool e aínda que o intentaron de novo non sucedeu nada, unha mágoa porque as súas cancións estaban moi ben, con bos ganchos, boas guitarras e boas melodías.

The Waltones


FELICE TAYLOR I Feel Love Comin´ On (Single, Sintonía, 1967)

Outro single máis de Felice Taylor publicado en España polo selo Sintonía especialistas en editar discos cun son realmente terrible así que tiven que meterlle algún filtro para mellorar a opacidade. As dúas canción moi bailables seguen a liña adiantada por "It May Be Winter Outside" con ese toque Diana Ross. Eu xuraría que tamén tiña o terceiro dos singles desta etapa pero non o atopo, así que haberá que esperar ata que apareza.

sábado, 7 de marzo de 2009

BAILAR, CANTAR Y SOÑAR Varios (LP, Unic-Ekipo, 1971)

Hoxe toca unha desas recopilacións frikis e variadas dos primeiros setenta que me molan porque sempre aparecen sorpresas. Da cara A pódense salvar a versión de King Crimson por Evolution, aínda que King Crimson non teñen clube de fans en Limodre, o bubblegum de James Royal e The Wake e a simpática "Un, Dos, Tres,... al Escondite Inglés" que volta a recurrir ao tópico das vikingas:
El avión llegará hasta mi nación
De allá traerá chicas nórdicas
A jugar sin parar vienen ellas ya.
Da cara B se un non ten moito rubor verá algo na peza de Gente Joven "Amigo Manuel" realmente pegadiza e en Clock cun gran momento soul, de The Complete Cycle xa posteamos o seu single hai un mes. Unha das que me gustan especialmente do disco é "Yo vengo del campo" de Borys con unha estrana mestura entre os Amaya e José Feliciano. O disco péchase con "Faces In The Fire" dos americanos Fresh Air, cuxo único disco "A breath of Freah Air" está bastante ben.

Cara A
1 IMAGEN Serafina (2:45)
2 EVOLUTION In The Court Of Crimson King (3:06)
3 FRATERNIDAD Aleluya (2:46)
4 JAMES ROYAL Noah (2:09)
5 THE WAKE Over And Over (2:25)
6 MANUEL SALQUERO Historia De Amor (3:12)
7 MARTES 13 Un, Dos, Tres,...Al Escondite Inglés (3:01)

Cara B
1 5 CHICS Vamos a La Playa (2:27)
2 JIMMY FREY Manda Rosas A Sandra (3:01)
3 GENTE JOVEN Amigo Manuel (2:39)
4 CLOCK Lucy (2:31)
5 THE COMPLETE CYCLE I´m On The Road Again (2:11)
6 BORYS Yo Vengo Del Campo (2:58)
7 FRESH AIR Faces In The Fire (3:51)