![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiU2FWP3exybS3LcAb6PQsHP1uj3SHJ9r5uM5YA3DNFpJ8RmTzTQn6hdWYtd1y4mVZHMN1QQ1l0ONPlc7Z_Sg2v5Y_l01_knOAQ9JuSfxm0eQanLncr9hARCY5v0bJsvg_Q4YTPmatlY8qu/s400/JOHNNY+JOHNSON+%26+HIS+BANDWAGON+Honey+Bee.JPG)
Aquí vai outro single máis de
Johnny Jonson & His Bandwagon, nesta ocasión con producción e composición dun dos titáns da música disco británica dos setenta, o gran
Biddu, que aparte das súas cousas coa Biddu Orchestra tamén estivo detrás de éxitos para Carl "Kung Fu Fighting" Douglas ou a nosa apreciada Tina Charles. A cara A é un enchepistas con certo toque northern soul mentras que a cara B "I Don´t Know Why" non ten demasiado gancho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario