![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiErT1CvntLXE4fiMEIXNMdX1AQEA4FZp8u91NyfzV7BG5Qy4ffkibpd1qsEexc1HiUhBj-93FMkjfxEsaDqmxyJdM54J27JAi-x1oT1XrYCwNy5pKyWMwvW9B5ctVlQDx1pBTbJHRH0BWe/s400/BILLY+%26+SUE+Come+Softly+To+Me.JPG)
Detrás de Billy & Sue agáchanse dúas personaxes ben coñecidas na historia da música pop, por unha parte
Oliver, aquel rapaz que saltara á fama con temas como "Good Morning Starshine" ou "Sunday Mornin'" e por outra parte
Leslie Gore que tivera o seu momento na primeira metade dos sesenta en coa imperecedeira "It´s My Party". Para este single gravado para o selo de
Bob Crewe escolleron outra peza clásica, o tema dos
Fleetwoods "Come Softly To Me" que resolven con pulcritude. A cara B "Billy´n´Sue´s Love Scene" é un bonito instrumental con arpas, violíns e demáis parafernalia composto polo propio Crewe.
1 comentario:
Qué canción más bonita, no la conocía
Publicar un comentario