![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhF170voqy221MFPs3QkY-0jAWVtKL1WNwTtQTe9Jikr0UCEszCO28lIPb81GQpzXRT0zMznXIdG9_RH-c3OZbZ6R8QRKqbor1xL-7Qtpy0X8b9VsFV_LduoGTvJfKGebW9NuoWEWM2YWXQ/s400/FELICE+2.JPG)
Outro single máis de Felice Taylor publicado en España polo selo Sintonía especialistas en editar discos cun son realmente terrible así que tiven que meterlle algún filtro para mellorar a opacidade. As dúas canción moi bailables seguen a liña adiantada por "It May Be Winter Outside" con ese toque Diana Ross. Eu xuraría que tamén tiña o terceiro dos singles desta etapa pero non o atopo, así que haberá que esperar ata que apareza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario