Chus Martínez era o guitarrista e cantante ocasional deste conxunto do que coñezo un par de elepés, "Éxitos, Éxitos, Éxitos" do ano 1967 que non vale moito e este que está bastante mellor. Da primeira cara sálvanse da queima o instrumental de boite "Soul Shake" e adaptación do tema central da película "Unha pistola para Ringo". A selección das versións para a cara B e máis interesante e inclúe dúas adaptacións dos Beatles que resolven dentro do agardado, tampouco está mal a interpretación do "Peter Gun" pero o mellor está na fabulosa adaptación do "Snatching it back" de Clarence Carter e na presencia dun orixinal realmente bo titulado "Soul 2". Estas dúas últimas pezas veñen de ser rescatadas recentemente nas compilacións "Sensacional Soul" editadas por Vampisoul.
2 comentarios:
xa é casualidade, onte estiven escoitando o sesacional soul de vampisoul, subireino estes dias, estou reactivando soft sounds, con cambios, pero dentro da escea 60's.
Ben feito, a ver se desta volta tes maís sorte cos links.
Publicar un comentario