Don Ierace (Donnie Iris), orixinario de Pennsylvania, xa catara o sabor do éxito nos primeiros setenta co tema "The Rapper" cando formaba parte de The Jaggerz. Despois da separación da banda acabou metido en Wild Cherry autores no ano 76 dese enchepistas titulado “Play That Funky Music”. Alí coincidiu co Mark Avsec que estaba un pouco canso de que non lle deixaran gravar as súas composicións así que os dous se decidiron por un novo proxecto Donnie Iris & The Cruisers, e darlle unha volta de torca ao que fixeran ata entón endurecendo un pouco o seu son. O seu primeiro disco desa nova aventura foi este "Back On the Streets" que os puxo no mapa grazas a "Ah Leah" pero que aínda que nel se atisban certos toques powerpopeiros como "Agnes" ou "She's So Wild" sona bastante AOR e convencional, o que máis aprecio del son os tratamentos das voces e o certo toque Todd Rundgren que teñen algunhas das cancións.
Link by mail dezaoitorodas@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario