sábado, 5 de setembro de 2009

MELODRAMA Sabor a Tutti Frutti - Me Equivoco (CBS, 1982)

Unha das grandes cancións dos cataláns Melodrama á que lle teño moito cariño, de feito nunha das miñas aventuras musicais extraoficiais baixo o nome de Jules e Jim, realizamos unha adaptación un tanto particular da mesma que lle fixen chegar a Toni Olivé que ademáis de dicir que copiarían esa nova intro tivo o detalle de mandarme o seu elepé "Grandes fracasos" asinado por tódolos membros da banda, así que de novo moitas grazas Toni. Por certo, tamén me dixo que ten a casa aínda chea de copias dese elepé, o título non ía desencamiñado, e que podedes mercar escribindo a este enderezo electrónico melodrama@hotmail.es

1 comentario:

Anónimo dixo...

El segundo por la izquierda es Joan Navarro, el capo de la editorial Glenat, un tipo con un gusto xquisito para los tebeos.Su blog "viñetas" esta lleno de maravillas (bueno, como el tuyo)

Salud